11/12/07

UNHA BOLSA VIAXEIRA

Así se chama a actividade da que hoxe falamos e que se fai xa en moitos centros educativos, aínda que os destinatarios ou o tipo de materiais poden ser moi variados.



No noso caso a maleta vai viaxar polas aula de 1º e 2º de Educación Primaria coa intención de achegar as novas adquisicións de libros de consulta e enciclopedias infantís ao alumnado e tamén ao profesorado destes niveis. Pretendemos que todos eles coñezan os recursos que se atopan na biblioteca e que están á súa disposición. Para animar aos rapazes e rapazas a ver os libros, tamén vai na bolsa viaxeira un caderno de viaxe, no que poderán facer as anotacións, debuxos, etc. que lles suxiran os novos materiais.


Neste momento está na clase de primeiro, onde foi moi ben recibida.


video

No hay comentarios: