20/12/07

Felicitación de Nadal da Leoteca

Os alumnos de 3º de ESO realizaron na área de Tecnoloxía, como exercicio de deseño asistido por ordenador, unha felicitación de nadal da Leoteca. Para iso retocaron ou ben fotos da Leoteca ou o seu logo.
Estes foron os resultados:


Album web "Felicitacións da Leoteca"

O xurado escolleu como gañadora a felicitación de Ángel García Lema de 3º ESO A que recibirá un premio no Festival de Nadal.

EXPOSICIÓN TECNOLÓXICA NA LEOTECA

Durante esta semana puidemos ver na leoteca algúns traballos realizados polos alumnos da ESO, na área de TECNOLOXÍA. Puideron visitala todos os nenos e nenas do colexio que, ademáis, votaron o mellor traballo de cada curso. Os gañadores/as recibirán un agasallo, durante o festival de Nadal.


Tedes unha información máis completa no seguinte enlace: