11/10/07

RUTA PONDALIANA


O Departamento de Lingua Galega organiza esta actividade para as alumnas e alumnos de 4º da ESO cun percorrido que dura toda a mañán.

A Ruta Pondaliana é un percorrido pola comarca de Bergantiños (concretamente polos concellos de Ponteceso e Cabana) facendo unha serie de paradas en lugares que teñen un especial significado na obra do autor.



  • A 1ª parada é na igrexa de San Fiz de Anllóns - Ponteceso(as súas campás serven de inspiración a Pondal no poema que leva o mesmo nome).


  • 2ª Parada: pobo de Ponteceso, a carón do monolito adicado a Pondal ( ao lado da ponte do Anllóns e frente á casa natal do autor).


  • 3ª Parada :Subida ao Monte Branco, desde o que podemos ver as espectaculares vistas do espazo natural na desembocadura do río Anllóns (dá pé á formación da ría de Corme e Laxe) . Lugar de gran fermosura paisaxística e hábitat de numerosas aves que escollen as marismas para a cría e ademais serve de descanso en época de migracións.


  • 4º Parada: CASTRO DE BORNEIRO: Coñecido tamén polo nome de A Cidá. A nosa visita coincide coas escavacións e o noso guía , Lito, explícanos o que están facendo.


  • 5ª PARADA : “Cruceiro xiradoiro”: hai que ir velo !!! (Vilaseco-Borneiro, Cabana)


  • 6ª PARADA: DOLMEN DE DOMBATE, tamén coñecido popularmente como “A Fornella”.
    MOITAS GRAZAS A LITO (O NOSO GUÍA DO CONCELLO DE CABANA)
    POLAS SÚAS EXPLICACIÓNS, A SÚA DISPONIBILIDADE E AMABILIDADE SEN
    O CAL A RUTA PONDALIANA NON SERÍA A MESMA.

Podedes ver as imaxes na Galería de fotos da páxina web do centro.