16/11/07

ESCHER E AS MATEMÁTICAS

O día 13 de novembro os alumnos e alumnas da ESO foron a unha exposición no Pazo de Feiras e Congresos en Lugo sobre a obra de Maurits Cornelis Escher (1898-1972). Consta de: láminas e pósters, que permiten contemplar os traballos de Escher que teñen unha maior relación coas matemáticas. Hai tamén obradoiros nos que se manipulan diversos materiais que axudan a descubrir as ideas que inspiraron ao artista en cada unha das láminas presentes na exposición, ao tempo que favorecen a comprensión e construción dos conceptos matemáticos correspondentes.

"O día escolar empezou e acabou cunha saída ao centro onde había unha exposición da arte do matemático e artista Escher.Desde debuxos geométricos con mensaxes incluídas a debuxos imposibles que fan quedar o sentido máis utilizado por nós, a vista, anonadado." (Alejandro Varela, 3º ESO)

MÁIS SOBRE ESCHER

1 comentario:

Leoteca dijo...

O pasado día 13 de Novembro saímos tódolos cursos da ESO dirección Lugo, para ver unha exposición sobre a obra de Escher, creador dalgúns dos grabados máis coñecidos do s. XX.
Unha señora foinos explicando varias obras deste autor, entre as cales destacaban os diversos debuxos surrealistas, como unha cas coas columnas mal colocadas ou outra obra na cal a auga caía en forma de fervenza e voltaba a subir por unha ramplas, cousa imposible. Tamén vimos unha estrutura totalmente aberta, a cal, colocándoa dunha forma determinada daba a impresión dun triángulo totalmente pechado.
Por útimo vimos varias obras de Escher que estaban debuxadas de forma cíclica, como unha man que debuxa outra man e esta última debuxa a primeira, e así continuamente.
Déusenos unha lámina coa que fixemos un aparello ao que se lle dan mil voltas e non rompe. Foi unha saída interesante e entretida aínda que a algúns non nos deu tempo a probar os talleres que había.(Rocío Martínez Piñeiro)