Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracions. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracions. Mostrar todas las entradas

19/5/08

Día das Matemáticas 2008


Para celebrar o día das Matemáticas 2008 o Departamento de Matemáticas, en estreita colaboración coa nosa Leoteca, propuxo ao alumnado facer unha exposición sobre Mulleres Matemáticas (elaboran o traballo @s alumn@s de 5º e 6º de Educación Primaria e o 2º ciclo de ESO, baixo a dirección de Estevo, Carmen e Charo). Tamén haberá unha mostra de Matemáticas Aplicadas (a cargo do profesor Alfonso-Manuel Fdez Otero) e un concurso de Acertixos (para ESO), na semana do 19 ao 23 de Maio, no que cada clase estará representada por 5 mentes brillantes.


No concurso haberá estupendos premios matemáticos para os gañadores.Tedes máis información nas páxinas web do Departamento de Matemáticas e da Leoteca.
Animádevos!

28/4/08

2/4/08

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril (aniversario do nacemento do escritor Hans Christian Andersen) foi elixido polo IBBY como data para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
A Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY- International Board on Books for Young People), fundada en Zúrich no ano 1.953, representa un gran colectivo de xente de setenta países do mundo, interesados en promover a lectura entre os nenos e nenas.
Cada ano un país é elixido para patrocinar esta celebración mediante un cartel elaborado por un ilustrador famoso e unha mensaxe dun escritor de recoñecido prestixio.
Este ano o país encargado é Tailandia e presentámosvos aquí o cartel e o texto creado polo artista tailandés Chakrabhand Posayakrit.





  • Tamén podes ler a mensaxe en galego .