O Departamento de Matemáticas vén de establecer para este curso 2007/08 unha serie de lecturas obrigatorias e outras voluntarias, que xa están a disposición de todo o alumnado na Leoteca. Na páxina web do centro (LECTURAS RECOMENDADAS) podedes atopar as directrices sobre esta actividade, a lista completa dos libros propostos (ficha e resumo) e tamén unha detallada guía de lectura de cada un deles. Velaquí algunhas das suxerencias:
5/11/07
A lectura e as matemáticas
Publicado por
Leoteca
en
12:14
0
comentarios
11/10/07
RUTA PONDALIANA

O Departamento de Lingua Galega organiza esta actividade para as alumnas e alumnos de 4º da ESO cun percorrido que dura toda a mañán.
A Ruta Pondaliana é un percorrido pola comarca de Bergantiños (concretamente polos concellos de Ponteceso e Cabana) facendo unha serie de paradas en lugares que teñen un especial significado na obra do autor.
- A 1ª parada é na igrexa de San Fiz de Anllóns - Ponteceso(as súas campás serven de inspiración a Pondal no poema que leva o mesmo nome).
- 2ª Parada: pobo de Ponteceso, a carón do monolito adicado a Pondal ( ao lado da ponte do Anllóns e frente á casa natal do autor).
- 3ª Parada :Subida ao Monte Branco, desde o que podemos ver as espectaculares vistas do espazo natural na desembocadura do río Anllóns (dá pé á formación da ría de Corme e Laxe) . Lugar de gran fermosura paisaxística e hábitat de numerosas aves que escollen as marismas para a cría e ademais serve de descanso en época de migracións.
- 4º Parada: CASTRO DE BORNEIRO: Coñecido tamén polo nome de A Cidá. A nosa visita coincide coas escavacións e o noso guía , Lito, explícanos o que están facendo.
- 5ª PARADA : “Cruceiro xiradoiro”: hai que ir velo !!! (Vilaseco-Borneiro, Cabana)
- 6ª PARADA: DOLMEN DE DOMBATE, tamén coñecido popularmente como “A Fornella”.
MOITAS GRAZAS A LITO (O NOSO GUÍA DO CONCELLO DE CABANA)
POLAS SÚAS EXPLICACIÓNS, A SÚA DISPONIBILIDADE E AMABILIDADE SEN
O CAL A RUTA PONDALIANA NON SERÍA A MESMA.
Podedes ver as imaxes na Galería de fotos da páxina web do centro.
Publicado por
Leoteca
en
13:08
0
comentarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


